RELEX

Rede de Lexicografía (RELEX)


A Rede de Lexicografía (RELEX) une a oito grupos do sistema universitario galego (ROMANYCOM, GLEX, FILGA, HUMBOLDT, ITALIANÍSTICA, Léxico e Lexicografía Especializada, TALG e FRASEONET) e cinco de outras universidades (Lexicografía, Lexicoloxía e Historiografía Lingüística da Universidad de La Laguna; IULATERM, do IULA, Universitat Pompeu Fabra; LICEI, da Università de Bologna, campus de Forlì; GRiLS, da Università di Milano, e o grupo de Lexicografía Monolingüe e Bilingüe Italiana, da Università di Torino). Todos teñen a lexicografía entre as súas principais liñas de investigación.

RELEX ten como obxectivos impulsar a investigación e a docencia en todas aquelas liñas de traballo relacionadas coa lexicografía, promover a divulgación e a transferencia á sociedade dos coñecementos e resultados emanados de ambas as dúas actividades, potenciar a formación de docentes e investigadores en lexicografía e favorecer a sinerxia e a cooperación de todos aqueles grupos que traballan en dito ámbito.

II Congreso InternacionaL RELEX

A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual

Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 5-7 de outubro de 2015

Máis información

Rede de Lexicografía
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • T. +34 981 167 000, ext. 1848
    F. +34 981 167 151
    dolores @ udc . es