RELEX

Rede de Lexicografía (RELEX)


III Congreso InternacionaL RELEX

Lexicografía e didáctica

Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra, 25, 26 e 27 de outubro de 2017

Información práctica


SEDE DO CONGRESO

O congreso realizarase na Escola de Enxeñaría Forestal e o obradoiro do venres 27 na aula de informática da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Os centros encóntranse un á beira do outro no campus universitario de Pontevedra, a 15 minutos a pé do centro. En Pontevedra apenas hai buses urbanos e as mellores opcións para
chegar ao campus son a pé ou en taxi. O teléfono para pedir un taxi é 986 86 85 85.

CHEGAR A PONTEVEDRA

Para ir a Pontevedra, pode aterrar tanto en Vigo como en Santiago de Compostela. En ambas as opcións deberá viaxar a Pontevedra en tren ou en bus.

En tren

Vigo está a 15 minutos en tren de Pontevedra e Santiago a 30'. Existen trens rexionais pero son máis lentos. En Santiago a comunicación entre o aeroporto e a estación faise nun autobús cada 30 minutos. O mesmo sucede en Vigo (a parada de bus para a estación é Urzáiz), un bus cada 30 minutos. A estación de Pontevedra encóntrase a 15 minutos a pé do centro. Non hai buses urbanos na cidade. Se trae vostede equipaxe pesada, o recomendable é coller un taxi.

En autobús

Vigo está a 20 minutos de Pontevedra en autobús e Santiago a unha hora aproximadamente. Ademáis da estación de autobuses, en Vigo saen buses a Pontevedra desde o centro (Rúa do Areal). A compañía que xestiona as liñas a
Pontevedra é Monbús e pódense consultar os seus horarios en liña.

En coche

Case todas as rúas da cidade vella e boa parte do centro de Pontevedra son peonís. No campus universitario adoita haber poucas prazas de estacionamento durante a semana. Recoméndase usar as zonas de estacionamento gratuíto que se encontran á beira do río, enfronte ao Pavillón dos Deportes e nos arredores do Palacio de Congresos.

ALOXAMENTO

Pode consultar a lista de aloxamentos dispoñibles na cidade na súa web de turismo visit-pontevedra.com.

A Universidade de Vigo ten un convenio cos hoteis Rías Bajas*** e Galicia Palace**** para ofrecer reducións a participantes en congresos universitarios. Se opta por estes hoteis, indique ao persoal do hotel que participa no congreso mostrando, se for preciso, un correo electrónico de confirmación de participación ou de inscrición.

PROGRAMA SOCIAL

Cea

Organizarase unha cea no día 26 ás 21:00. Quen desexar asistir deberase apuntar no formulario de inscrición, que enviaremos nos próximos días e onde se informará do prezo. A cea pagarase no restaurante e proporanse menús con peixe, carne ou vexetariano. O prezo da cea indicarase uns días antes do inicio do congreso. En calquera caso, non superará os 40 €.

Visita guiada

Proporase unha visita guiada gratuita pola cidade histórica no día 25 ás 20 h. Quen desexar asistir deberase apuntar no formulario de inscrición. O punto de saída tamén se indicará pouco antes do inicio do congreso.

Teléfonos útiles

Sede do congreso (Escola de Enxeñaría Forestal): 986 80 19 00
Turismo de Pontevedra: 986 090 890
Radiotaxi Pontevedra: 986 86 85 85
Radiotaxi Vigo: 986 47 00 00
Radiotaxi Santiago: 981 56 92 92
Emerxencias: 112
Urxencias sanitarias: 061
Policía: 091


Rede de Lexicografía
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • T. +34 981 167 000, ext. 1848
    F. +34 981 167 151
    dolores @ udc . es